Concursos Noite Meiga 2011

 

(687.298.890 tlf. para anotarse):

 

CABAZAS

Haberá dúas categorías (infantil e sénior). Deben entregarse na Praza Maior dende as 23:15 ás 00:00 h.

Premio: Diploma e agasallo meigo.

 

 AMBIENTACIÓN LOCAIS HOSTELERÍA

 O xurado visitará os locais antes das 22:30 h. desta noite.

 Premio: Diploma e agasallo meigo.

 

 DECORACIÓN ESCAPARATES

 O xurado visitará os establecementos o día 28 e 29 de outubro.

 Premio: Diploma e agasallo meigo.

 

 AMBIENTACIÓN DE BALCÓNS

 Todos os que querían participar deben anotarse antes do día 28 de outubro. 687.298.890

Premio: Diploma e agasallo meigo.

 

 MELLOR DISFRAZ

O xurado andará esta noite polas rúas e locais da vila. O premio entregarase no Club Artístico.

 Premio: Diploma e agasallo meigo.

 

Programa Noite Meiga 2011

 

 

 

29 DE OUTUBRO DO 2011

 

Unha noite onde a néboa e a oscuridade cubren a paisaxe de Ribadavia,
onde o misterio resurde de entre os rincóns máis ocultos.
Unha noite de meigallos, onde a sombra das ánimas camiña polas rúas,
onde os desamparados invocan ás coruxas.
Unha noite onde a música que soa é a dos pasos da morte, onde se
escoita o xemir do aire, onde acouga o ruixir máis salvaxe.
Unha noite de lume, de vento, de choiva, de fume, de esmorga, de orballo e de folra.
Unha noite, só nunha noite....