Últimas Novas da Noite Meiga
  • ladron
    CICLOS DE CINE

    Hoxe chegamos ó final do noso ciclo, oooohhh!!! A última das proxección dos Ciclos de Cine de terror da Noite Meiga será “El Ladrón de Cadáveres”; unha película de 1945, adaptación do conto de 1884 de Robert Louis Stevenson. Onde os protagonistas metense no sórdido......

  • desfile
    DESFILE MEIGO

    Despois do Baile de Feiticeiros, saíremos en Desfile para enseñarlle a toda a xente as nosas mellores galas, e así tamén dar un pouco de medo! O Desfile será as 20 h dende a Fonte de Dous Canos ata a Praza Maior, estaremos acompañados de......

  • baile
    BAILE DE FEITICEIROS

    A Noite Meiga comeza xa de tarde, cun baile para os máis pequenos xa que eles son moi importantes na nosa festa, e por iso a partir das 18 h e ata as 20 h estaremos a nos divertir con eles, no noso Baile de......

  • teatro
    TEATRO NO COLE

    Mañá comenzamos!!! Imos quentando motores!! As 12:00 h no colexio CEIP Prurilingüe Ribadavia, teremos Teatro, A BRUXA MARUXA, a cargo de Voluntarias Meigas. Esperamos que os/as nenos/as o disfruten! #noitemeiga #noitemeigaribadavia #noitemeiga18 #teatro...

halo_big

¿QUÉ é A NOITE MEIGA?

Unha noite, só unha noite ….

Na que se fai unha festa o último sábado de outubro ou o primeiro de novembro sempre cadrando coa festividade de todos os Santos.

Ten esta data pola razón propia que da a tradición: O SAMAIN, que é a festividade de orixe celta máis importante do período pagán que dominou Europa ata a súa conversión ao cristianismo, na que a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro servía como celebración do final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada como o «Ano Novo Celta», que comezaba coa estación escura.

É tanto unha festa de transición (o paso dun ano a outro) como de apertura ao outro mundo..

ACTIVIDADES DA NOITE MEIGA
desfile
DESFILE

Realizase polas principais rúas de Ribadavia, os voluntarios van acompañados dos grupos de animación, percusionistas, carrozas...

mercadob
MERCADO MEIGO

Onde se poden degustar doces meigos e pócemas máxicas, tanto para adultos como para nenos, e tamén cadeliños quentes.

nenos
BAILE DE FEITICEIROS

Actividade para nen@s onde realizan o baile meigo e tamén andan á procura da pócema segreda, a vez que gozan dun ambiente máxico e distinto.

pasaje
PASAXE DO TERROR

Realízase nos túneles do Castelo de Ribadavia, sendo unha das actividades con máis participación de voluntarios e con máis afluencia de público.

aquelarreb
AQUELARRE DE MEIGAS

Danza de Meigas a luz da lúa, onde fan esconxuros para o desamor e contan a lenda do seu orixe, acompañadas polo grupo de percusión ``Os Tabaleiros da Istoria``.

queimada
QUEIMADA

A media noite espántanse os espíritos maliciosos cunha espectacular representación da nosa costume máis famosa. Coa colaboración de ``As Lajartas`` e o ``Teatro do Vilar``.

maxia1
MAXIA

Nesta noite tampouco pode faltar a maxia, con espectáculos entretidos, divertidos e cheos de ilusión.

Sin título-2
TEATRO

O teatro esta presente en varias actividades, ainda que se busca sempre unha actuación estelar que non defraude.

conciertob
COCERTO FIN DE FESTA

Para rematar a festa, nada millor que un concerto, onde bailar para despedir unha gran festa.

¿QUÉN ORGANIZA?

RIBADAVIA ACTIVA-T

Asociación sen ánimo de lucro que xurde no 2001, creada por un grupo de xente xove con ganas de facer actividades que impliquen a todos os veciños de Ribadavia para así potenciar e promover o interese por esta vila.

Así xurde a idea da festa do Samaín como festa tradicional procedente da cultura Celta, tan presente na nosa Terra, e así comezouse a facer cada ano a Noite Meiga en Ribadavia.

Esta asociación traballa moito todos os anos para facer unha Noite Meiga mellor que a anterior.


activat

CARTEL NOITE MEIGA 2018

programa3
programa2
programa1

17

Noites Meigas

817

Reunións

365

Pensando Ideas

18

Noite Meiga en Proceso